Minor League Baseball

Minor League Baseball
Fundación5 de set. de 1901 (hai 122 anos)
RexiónEstados Unidos de América Estados Unidos
Canadá
República Dominicana
Equipos120
TelevisiónCBS Sports Network, MiLB.tv, televisións locais
SedesSt. Petersburg, Estados Unidos
Sitio webMiLB.com

As Minor League Baseball (MiLB, do inglés: Ligas Menores de Béisbol) é unha xerarquía de ligas béisbol profesionais en América (con equipos nos Estados Unidos, o Canadá, México e a República Dominicana) que compiten a niveis inferiores á Major League Baseball ou Grandes Ligas (MLB). Estas competicións funcionan como cateogrías de canteira e formación de novos xogadores, aínda que están operadas todas como negocios independentes.

A maioría de ligas funcionan baixo unha organización coñecida como National Association of Professional Baseball Leagues (NAPBL), a cal opera baixo o mando co Comisionado do Béisbol. As outras ligas que non están baixo está organización reciben o nome de ligas independentes e non teñen ningunha ligazón coa MLB. Excepto a Liga Mexicana, os equipos das ligas menores adoitan estar relacionados con equipos da MLB, funcionando así como equipos de canteira ou "farm system". As competicións das ligas menores clasifícanse en diferentes clases en función do seu nivel, de maior a menor: Triple-A (AAA), Double-A (AA), High-A (A+), Single-A (A) e Rookie.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search